Bibliotecas

Posted by franciscocastro - 07/10/14 at 02:10 p.m.

Biblioteca

Este mes de Outubro é o Mes das Bibliotecas. Un pretexto máis que válido para lembrarlle aos que nos gobernan que hai unha relación directa entre a prosperidade dos países e a súa rede de bibliotecas. É así. A ver se o entenden. A eles gústalles dicir que con isto da crise agora hai que centrarse no importante. E cando din iso, en realidade o que andan a dicir é que non hai que centrarse en cultura, en libros, en música, en teatro. Todo iso, seica, non o consideran importante. Todo iso, seica, é prscindible. Pero si que o é. Importante. Imprescindible. E o é non porque a min me molen os libros, a música, o teatro, a arte. É importante, tamén, seguindo un criterio puramente económico. Que unha sociedade teña unha boa rede de bibliotecas, ben preparadas, ben nutridas, actualizadas, cheas xa non só de libros senón como teñen que ser as do século XXI, cun bo acceso á rede e ás publicacións electrónicas, cun espazo para actividades e dinamización da lectura, etc., unha sociedade onde o libro ocupa un papel estratéxico é tamén unha sociedade onde se vive mellor. Igual que aquelas onde hai máis igualdade ou, se queredes, menos desigualdade. Igual que aquelas sociedades onde as mulleres teñen menos atrancos para acceder aos postos de responsabilidade.

O exemplo, o de sempre: Finlandia. Gastan moi pouquiño en meter ordenadores nas clases. Alí, o sistema educativo gravita arredor da biblioteca. É onde máis gastan.

Pois aprendamos deles.

Os comentarios están pechados.