Indecencia

Posted by franciscocastro - 18/09/14 at 02:09 p.m.

IdecenciaA palabra que máis escoito dende hai seis anos é crise. A segunda, como consecuencia desta, é recortes. E, tras delas, ábrese un campo semántico brutal e tristeiro no que aparecen verbas e expresións coma apertar o cinto, vivir por enriba das nosas posibilidades, minijobs, despido libre, emigración

Iso é o que me acompaña, o que nos acompaña, dende que todo este lixo empezou.

Nembargantes, hoxe, a prensa conta que José María Castellano e outros dous directivos de telefonía, ían cobrar un bonus de 25 millóns de euros pola venda de Ono. E que llo bloquearon por unha suposta fraude que está a investigar a Axencia Tributaria. Non só se forran. É que ademais tentan enganar(nos). E leo que Inditex gana en só seis meses 928 millóns de euros. Seguro que vai repercutir na calidade salarial dos seus traballadores e traballadoras e na xente que manufactura as súas prendas. Seguro que si.

Crise? Como dicían os Supertramp, What Crisis? O que che hai é unha indecencia que tira para atrás.

Os comentarios están pechados.