O pracer dun libro novo

Posted by franciscocastro - 08/09/14 at 02:09 p.m.

Tes ata as dez

Hoxe comecei a corrixir as probas do meu novo libro. Estará nas librerías a mediados de outubro. Será unha novela xuvenil de intriga, de amor, de libros dentro de libros…Ía sair o ano pasado pero, como algúns sabedes, gañar o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia con O corazón da Branca de Neve aparcouna un ano.

Hoxe teño as probas nas mans.

Será o meu libro número 21.

E o pracer, a emoción, a inquedanza, a ilusión, é a mesma do primeiro día.

Repito o de sempre: son escritor. E este é o mellor oficio do mundo.

(na foto, as citas que abren a novela…para que vaiades pensando)

Os comentarios están pechados.