Archive for Setembro, 2014

No Día Internacional do Alzhéimer (teñamos memoria)

21st Setembro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en No Día Internacional do Alzhéimer (teñamos memoria)

Hoxe é o Día Internacional do Alzhéimer. Esta doenza levouse por diante a miña nai. Coma ela, millóns de homes e mulleres no mundo morren dúas veces, a primeira, cando a memoria se lles vai (e outras cousas, a perda de memoria é só o síntoma máis visible); a segunda, cando nos deixan de verdade. […]

Indecencia

18th Setembro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Indecencia

A palabra que máis escoito dende hai seis anos é crise. A segunda, como consecuencia desta, é recortes. E, tras delas, ábrese un campo semántico brutal e tristeiro no que aparecen verbas e expresións coma apertar o cinto, vivir por enriba das nosas posibilidades, minijobs, despido libre, emigración… Iso é o que me acompaña, o […]

Botín, os recortes, os medios de comunicación e as redes sociais

10th Setembro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Botín, os recortes, os medios de comunicación e as redes sociais

Hoxe morreu Emilio Botín (en realidade, e dou este dato para os que falan de que “empezou de cero”, chamábase Emilio Botín Sanz de Sautuola y García de los Ríos, e era fillo e sobriño de dous antecesores presidentes do Banco de Santander…agora será a súa filla Ana Patricia) morreu, digo, e é curioso comprobar como […]

A miña vida é un caderno

9th Setembro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en A miña vida é un caderno

Tal día coma hoxe nacía Cesare Pavese. A súa obra máis coñecida é Traballar cansa, nembargantes, a min o libro que me marcou, porque o lin na adolescencia, naquel instante no que tentaba procurar o meu camiño, intuíndo, xa, que ía ser a literatura, foi o seu Oficio de vivir/Oficio de poeta. Lendo neses libros, […]

O pracer dun libro novo

8th Setembro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en O pracer dun libro novo

Hoxe comecei a corrixir as probas do meu novo libro. Estará nas librerías a mediados de outubro. Será unha novela xuvenil de intriga, de amor, de libros dentro de libros…Ía sair o ano pasado pero, como algúns sabedes, gañar o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia con O corazón da Branca […]