A danza do Cosmos

Posted by franciscocastro - 22/07/14 at 02:07 p.m.

Image converted using ifftoany

Andan os astronomos preocupados porque aparecen por aí grupos de galaxias ananas “bailando”, movéndose en órbita en forma de disco, é dicir, facendo o que non se espera delas, danzando no Cosmos á súa bóla libre, pasando de leis de gravitación, da tiranía de Newton e da obrigatoriedade das Normas Inexorables e Obrigatorias.

Os señores de bata branca, os controladores de Como Todo Debe Ser treman desconcertados: que fai o universo nesa anarquía!, que obedeza!, que obedeza!

E sinalan, doídos, que agora non comprenden nada.

Ao mellor, é que Revolución empezou de vez.

Os comentarios están pechados.