Vendendo armas para que morran nenas e nenos

Posted by franciscocastro - 17/07/14 at 02:07 p.m.

Levamos uns días asistindo ao horror das imaxes dos nenos e das nenas de Palestina morrendo nas praias, asasinados nunha guerra que dende logo nada ten que ver con eles.

E hoxe sabemos que o Estado Español exportou armas o ano pasado por valor de 4000 millóns de euros.

Hai que dicilo con claridade aínda que alguén se apresure a chamarme demagogo: se hai guerras, se hai nenos e nenas que son asasinados nas praias en guerras que non son as súas, é porque isto da guerra é un negocio caralludo #vergonza

Os comentarios están pechados.