‘Sempre en Galiza’, 70 anos despois

Posted by franciscocastro - 03/07/14 at 02:07 p.m.

Hai 70 anos que se publicou o ‘Sempre en Galiza’ de Castelao. Un libro que todas as galegas e galegos deberiamos ler, cando menos unha vez na vida.

E hai 30 anos que os restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (non se me esquece aquel día, estaba facendo a proba de Selectividade) foron retornados a Galiza.

Dende aquela, descansa no Panteón de Galegos Ilustres mais, dende hai uns anos e a pesar de que nos fartamos de pedir que remate a aldraxe, non se pode visitar, facer actos, homenaxealo, nin a el nin a Rosalía nin a outros que alí descansan, sen o permiso da Igrexa Católica.

Así son as cousas, 70 anos despois, 30 anos despois.

One Response‘Sempre en Galiza’, 70 anos despois to “”

  1. Manuel says:
    Xullo 12th, 2014 at 10:55 a.m.

    Enterrárono de verdade.Saúdos escritor.