Archive for Xullo, 2014

Aquel pequeno paso

31st Xullo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Aquel pequeno paso

Hai 45 anos da chegada do home á lúa. Neil Armstrong puxo alí a súa bota ao tempo que pronunciaba unha das frases máis famosas e, probablemente fermosas, de todo o século XX. Aquilo de que a pesar de ser un pequeno paso para o home, en realidade era un gran paso para a humanidade. […]

Aqueles partidos na rúa

29th Xullo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Aqueles partidos na rúa

Leo que no Proxecto de “Ley Orgánica de la Seguridad Ciudadana” que Gallardón e o seu equipo remitiu ás Cortes, facer deporte na rúa sigue sendo considerada “falta leve” pois vai contra a seguridade da xente. Ou sexa, que o partido de fútbol de toda a vida, improvisado en calquera patio ou campo ou rúa […]

A danza do Cosmos

22nd Xullo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en A danza do Cosmos

Andan os astronomos preocupados porque aparecen por aí grupos de galaxias ananas “bailando”, movéndose en órbita en forma de disco, é dicir, facendo o que non se espera delas, danzando no Cosmos á súa bóla libre, pasando de leis de gravitación, da tiranía de Newton e da obrigatoriedade das Normas Inexorables e Obrigatorias. Os señores […]

Vivir con menos de 5 euros ao día

21st Xullo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Vivir con menos de 5 euros ao día

Dende hai aproximadamente un ano, convivimos con absoluta normalidade cos datos, coma sempre fríos e fríxidos, da pobreza no estado español e no mundo. Montoro di que non, que todos minten, incluso as ONGs vencelladas á igrexa católica. E o mesmo que aprendimos, a forza de ver o negriño comesto polas moscas a que xa […]

Vendendo armas para que morran nenas e nenos

17th Xullo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Vendendo armas para que morran nenas e nenos

Levamos uns días asistindo ao horror das imaxes dos nenos e das nenas de Palestina morrendo nas praias, asasinados nunha guerra que dende logo nada ten que ver con eles. E hoxe sabemos que o Estado Español exportou armas o ano pasado por valor de 4000 millóns de euros. Hai que dicilo con claridade aínda […]

Facernos máis fortes

16th Xullo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Facernos máis fortes

O derradeiro domingo de xuño, como todos os anos, xuntámonos un grupo de amigos e amigas, case que douscentos, arredor de Agustín Fernández Paz para entregarlle o Premio Trasalba 2014 que outorga a Fundación Otero Pedrayo. A cita foi na Casa Grande de Amoeiro. Escoitamos as súas palabras, algúns tivemos a fortuna de poderlle dicir […]

O galego e a economía

14th Xullo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en O galego e a economía

Botei un día enteiro participando nunhas xornadas profesionais centradas nos novos entornos de traballo nestes tempos complicados que estamos a vivir. Foi todo moi interesante e,  coma sempre, aprendín cousas. Porque sempre se aprende escoitando falar a outros e a outras aínda que non sempre se compartan as súas ideas. Falouse fundamentalmente de economía, de […]

Algunhas cousas boas que trouxo PODEMOS á escena política española

10th Xullo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Algunhas cousas boas que trouxo PODEMOS á escena política española

A irrupción de Podemos na escena política española trouxo consigo unha morea de cousas boas. Entre outras, que a esquerda tradicional (léase PSOE) agora quere parecer esquerda. Esquecéraselles. Agora de súpeto deulles por aí (iso si, votan a prol da coración de Filipe “malia ser republicanos de corazón”). E trouxo de bo que a dereita […]

Mariano Rajoy e Felipe González falan de fútbol

9th Xullo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Mariano Rajoy e Felipe González falan de fútbol

Hoxe, Mariano Rajoy, presidente do goberno de España, declarou nos corredores do Congreso dos Deputados, que non lle gustaría estar na pel dos brasileiros logo da derrota brutal que lle infrinxiron onte os alemáns. El, que non fala case que nunca de nada, fala de fútbol. Outro presidente, neste caso expresidente, e directivo dunha empresa […]

Primeiro pensar no partido. Logo (se cadra) na xente.

8th Xullo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Primeiro pensar no partido. Logo (se cadra) na xente.

Onte vin na tele La dama de hierro, biopic de Margaret Tatcher maxistralmente interpretada por unha Meryl Streep que consigue o que só consiguen as actrices máis grandes: que nos esquezamos dela e empecemos a ver ao personaxe, que se nos olvide a maquillaxe e a caracterización e nos centremos só en gozar da recreación, […]