Unha xustiza que non é xusta

Posted by franciscocastro - 23/06/14 at 03:06 p.m.

Os xuíces condenan ao estado a ocuparse de casos desesperados de dependencia logo de que os afectados e afectadas recurran á xustiza.

A xustiza reacciona co asunto dos preferentes e dálles a razón logo de que eles pleiteen, contraten avogados e pasen por un calvario xudicial.

O sistema xudicial ocúpase de regular, corrixir, modificar, as leis, logo de que os colectivos cidadáns se boten á rúa e protesten nos xulgados.

Daquela, o sistema xudicial vai por detrás da cidadanía.

A xustiza reacciona cando se lle obriga a reaccionar.

E debería ser, xustamente, do revés.

As leis deberían ser sempre xustas, os que as dictan, exemplares, e os encargados de vixiar que todo iso se cumpre, máis espelidos.

Evitaríase, dende logo, moitísimo sufrimento.

Deberían de ser máis rápidos. De feito, o aforamento do ex-rei estase tramitando por vía de urxencia…

Os comentarios están pechados.