Sentido Común

Posted by franciscocastro - 16/06/14 at 02:06 p.m.

Que os inmigrantes, con papeis ou sen eles, teñen que ter tarxeta sanitaria é de sentido común. Que a escola ten que ser gratuita e pública é de sentido común.

Que a República é un sistema de organización política máis xusta e racional que a monarquía é de sentido común. Que as relixións deben quedar fóra da vida pública é de sentido común. Que mulleres e homes somos iguais é de sentido común. Que o racismo e a xenofobia deben de ser perseguidos é de sentido común. Que a riqueza está mal repartida é de sentido común. Que hai que facer un cambio profundo porque este sistema está esgotado é de sentido común. Que todos os pobos teñen dereito á autodeterminación é de sentido común. Que un mundo sen clases sociais é mellor ca outro xerarquizado en función dos cartos é de sentido común. Que hai que coidar da Memoria Histórica para non repetir a barbarie do pasado é de sentido común. Que a cultura debe primar sobre a economía é de sentido común. Que a felicidade non a dan os cartos é de sentido común. Que non vimos ao mundo a traballar é de sentido común. Que as pensións son sagradas e que non poden perigar é de sentido común. Que calquera persoa ten dereito a vivir onde lle pete porque o planeta é de todos é de sentido común.
Non entendo, logo, por que se todo o esencial é tan obvio, como é que se discute. Que falta de sentido común.

Os comentarios están pechados.