Archive for Xuño, 2014

Agustín Fernández Paz, enxeñeiro da utopía

30th Xuño 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Agustín Fernández Paz, enxeñeiro da utopía

Velaquí podedes ler a Laudatio que escribín e que puiden ler onte na Casa Grande de don Ramón, co gallo da entrega do Premio Trasalba ao escritor Agustín Fernández Paz. Espero que vos guste.

Unha xustiza que non é xusta

23rd Xuño 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Unha xustiza que non é xusta

Os xuíces condenan ao estado a ocuparse de casos desesperados de dependencia logo de que os afectados e afectadas recurran á xustiza. A xustiza reacciona co asunto dos preferentes e dálles a razón logo de que eles pleiteen, contraten avogados e pasen por un calvario xudicial. O sistema xudicial ocúpase de regular, corrixir, modificar, as […]

Marty McFly levaba razón

19th Xuño 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Marty McFly levaba razón

Estaba eu saíndo da adolescencia e, coma millóns no mundo, fun ao cine a ver “Regreso al futuro”, divertida historia na que se nos presenta a un personaxe que, sen dúbida, é xa un dos máis recoñecibles do cinema de todos os tempos. Refírome ao eternamente adolescente de vaqueiros perennes e skate incombustible, Marty MacFly. […]

Ambicións

18th Xuño 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Ambicións

Algo debe de ir mal nunha sociedade cando un dos libros máis vendidos do ano pasado foi Ambiciones y reflexiones (máis de 100.000 exemplares nas primeiras tres semanas; imaxen cantos escritores galegos xuntos temos que unirnos para chegar a ese nivelazo literario). Dende logo que non serei eu quen discuta os méritos literarios da miña […]

Os sacerdotes non deben educar

17th Xuño 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Os sacerdotes non deben educar

Que a relixión sexa unha asignatura é, para empezar,  unha burrada pedagóxica. Non se sostén dende ningún punto de vista educativo. Só sirve para adoutrinar, para meter dogmas, para sementar prexuízos e para fomentar a intolerancia. Non me parece mal (en fin, si que me parece) que iso se faga nun contexto íntimo e familiar […]

Sentido Común

16th Xuño 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Sentido Común

Que os inmigrantes, con papeis ou sen eles, teñen que ter tarxeta sanitaria é de sentido común. Que a escola ten que ser gratuita e pública é de sentido común. Que a República é un sistema de organización política máis xusta e racional que a monarquía é de sentido común. Que as relixións deben quedar […]

Non somos menos (Kiel 3)

9th Xuño 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Non somos menos (Kiel 3)

Como xa contei, botei cinco días en Kiel (Alemaña) participando coa tamén escritora María López Sández na décima edición do Eurpäisches Festival des Debütromans. Tivemos ocasión de falar das nosas obras, da edición galega e, sobre todo, de escoitar a escritores e escritoras de toda Europa. A experiencia serviu, mais unha vez, para constatar o […]

Coma os cans en Alemaña (Kiel 2)

5th Xuño 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Coma os cans en Alemaña (Kiel 2)

Paseando por unha cidade alemá coa investigadora galega Antía Marante, comentabamos o silencio grande que, en xeral, había en todas partes: pola rúa, nos cafés, nos centros comerciais… incluso nos pubs, onde aínda que houbese moita xente, podíase falar e escoitar. Un panorama sonoro, dende logo, moi afastado do noso. Non sei se mellor. Diferente. […]

Literaturhaus (Kiel 1)

3rd Xuño 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Literaturhaus (Kiel 1)

Hai un par de semanas tiven a honra de participar no Literaturhaus, en Kiel (Alemaña), unha importante cita literaria que durante cinco días permite a autores e autoras de toda Europa encontrarse, falar das súas obras, do traballo editorial, e, en definitiva, dun mollo de cuestións que lles ocupan e preocupan no día a día […]