Odio

Posted by franciscocastro - 29/05/14 at 12:05 p.m.

Os bos amigos e amigas de El Imán, Grupo Autoaxuda VIH SIDA e Adiccións de Vigo, tiveron a ver convidarme hoxe a recitar un texto meu co gallo da celebración do Día das Letras Galegas e que dende hai un tempiño céntrase na fugura de Lois Pereiro. Para min é un pracer, todos os anos, participar dos actos que organizan. Son xente necesaria, imprescindible. Heroes.

Non coma outros.

O meu poema, que aquí vos deixa, fala dos sacerdotes e da súa teimosía asasina contra do condón.

Son eles

os que non queren saber nada dos plásticos que salvan vidas, do látex de amor que dignifica a paixón

os que prefiren unha misericordia falsa que odia e condena tamén neste mundo a quen aposta

polo amor e pola luz;

eles, que recenden a incienso hipócrita que proclama evanxeos que si, que fala de amor

mais incapaces de lle recoñecer aos que queren quererse querendo, queridos e queridas, a pesares de virus homicidas

na súa liberdade festiva.

Son eles, prelados da senrazón medieval, buracos negros ingrávidos á lóxica cósmica feliz dos namoros e electricidades do corpo

eles, sotanizados e satanizando o amor

alleos á vida.

Serpes.

Veleno no hisopo.

Eles

que non nos aman nin queren que nos amemos

agás para reproducir a miseria que lles alimenta.

Os comentarios están pechados.