Archive for Maio, 2014

Odio

29th Maio 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Odio

Os bos amigos e amigas de El Imán, Grupo Autoaxuda VIH SIDA e Adiccións de Vigo, tiveron a ver convidarme hoxe a recitar un texto meu co gallo da celebración do Día das Letras Galegas e que dende hai un tempiño céntrase na fugura de Lois Pereiro. Para min é un pracer, todos os anos, […]

A xente non importa

22nd Maio 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en A xente non importa

En Siria, o último que preocupa é a xente. Están a piques de matarse ben matados -de feito, xa empezaron- e as consecuencias do cataclismo poden ser inimaxinables. Ou máis ben: si que as imaxino. Memoria sobrada temos do que sempre pasa nas guerras (pagan os humildes, morren os pobres, quedan mutilados os febles). E […]

Aínda moita relixión

9th Maio 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Aínda moita relixión

Na pasada Semana Santa (había que lle buscar outro nome que tampouco pasaba nada; esa Sagrada Constitución Intocable que tanto veneran di que este é un estado aconfesional) o ministerio de xustiza indultou, seguindo unha tradición relixiosa impropia dun estado, repito, aconfesional, a 21 persoas, entre outras, un director de banco que roubara unha boa […]

Matar aos obreiros do naval dúas veces

8th Maio 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Matar aos obreiros do naval dúas veces

Xusto antes de ler a nova que informa de que o PP se negaba á concesión da Medalla de Galicia aos dous obreiros da antiga Bazán asasinados a tiros pola policía franquista durante unha mobilización do naval o 10 de marzo de 1972 (Amador e Daniel), unha amiga explicábame que a súa empresa, a pesar […]

Igual a Rouco Varela non lle importaba outra Guerra Civil

7th Maio 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Igual a Rouco Varela non lle importaba outra Guerra Civil

A min non me estrañou nada os comentarios do outro día de Rouco Varela durante os funerais de estado polo pasamento de Suárez (que manda truco: no tempo no que el era Secretario General del Movimiento, outros loitaban xogando -e perdendo- a vida, e para eses non hai recoñecemento ningún) sobre que igual se volvían […]