Archive for Abril, 2014

Emocións

29th Abril 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Emocións

É curiosa a insistencia que dende sempre se pon na necesidade de que na escola se nos aprendan, e perdón pola redundancia, materias relacionadas coa “aprendizaxe” (que en realidade non sempre se produce por mor dun sistema de avaliación centrado na memoria, ou sexa, nalgo fugaz, polo que aprendemos rápido e esquecemos máis rápido ainda; […]

A revolución ilóxica

25th Abril 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en A revolución ilóxica

O tópico di que os máis novos aprenden dos máis grandes. Dende hai miles de anos é asi. Probablemente é un sabio mecanismo deses que os grupos sociais humanos argallaron para garantir a supervivencia do colectivo. E debe de ser algo tan instaurado no máis profundo do cerebro que por iso os pais e as […]

Cando eu sexa pirata

24th Abril 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Cando eu sexa pirata

Hai anos, obrigado polo compromiso dunha conferencia que tiña que dar sobre a miña obra, tiven que dedicarlle un tempo a pensar sobre o que escribira en tantos anos e en tantos libros e decateime, sorprendido, de que moitas das miñas novelas estaban protagonizadas por xentes soñadoras á marxe da lei, persoas habitadas pola idea […]

As redes si, para vivir mellor

22nd Abril 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en As redes si, para vivir mellor

Escribo este artigo nunha biblioteca pública nunha cidade que non é a miña. Achegueime á rapaza que estaba detrás do mostrador para explicarlle que o meu iPad quedara sen batería e que necesitaba acceso a internet por asuntos de traballo. Díxome que se non era usuario da biblioteca que non podía. Mais debín de parecerlle […]

Cen anos de Charlot

15th Abril 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Cen anos de Charlot

Se da historia do cinema tivese que salvar unha película, sería, por moitos motivos, ‘O gran ditador’ de Charles Chaplin. E se só puidese escoller un nome de actor ou actriz como o mellor de toda a historia do cinema, diría, de novo, o seu nome. Todo isto ven a conta de que leo nos […]

As nosas posibilidades?

14th Abril 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en As nosas posibilidades?

Entre os moitos insultos que a meirande parte da poboación estamos a soportar dende que empezou este expolio roubo abuso colectivo globalizado planetario cósmico, baixo da desculpa da crise, está iso que nos repiten unha vez e dúas e tres, de que antes viviamos por enriba das nosas posibilidades, que antes o noso consumo era […]

Os mesmos soldados de sempre

11th Abril 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Os mesmos soldados de sempre

Vexo a foto e vexo que son os de sempre, os mesmos soldados de sempre, a mesma carne de canón de sempre. Non sei se son de Ucraína, de Rusia ou doutro planeta. Non, doutro planeta non, de certo que non, han de ser deste planeta, porque neste planeta levamos todas as eras idades séculos […]