Archive for Marzo, 2014

O libro e eu

31st Marzo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en O libro e eu

Durante moitos anos, cando era só un peón con opinión e non tiña que ir en coche a todas partes (sempre digo que os da AP9 deberían lanzar un Carnet Plus só para min) non saía de casa sen un libro. Lémbrome pateando Vigo arriba-abaixo lendo pola rúa. Aínda o fago sempre que podo. Levei […]

Valentía

26th Marzo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Valentía

O que non hai é valentía. Para cambiar o mundo. Para recoñecer que este sistema está esgotado. Para asumir que hai que empezar de cero, mandando para sempre ao cubo do lixo ao capitalismo, para centrarnos noutro xeito de vivir que pense nas persoas e non nos mercados. E así, quizais, saberiamos valorar aos políticos […]

De novo no campo de concentración

21st Marzo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en De novo no campo de concentración

Hai uns días morreu a que estaba considerada a derradeira supervivente dun campo de concentración. Chamábase Alice Herz-Sommer e tiña 110 anos no intre en que a morte veu buscala en Londres. A nova do seu pasamento impresionoume polo que ten de simbólico o feito de que desapareza unha persoa que padeceu un dos horrores […]

Para perderse, non ler nin atender

20th Marzo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Para perderse, non ler nin atender

Unha das cousas que máis me rebenta de ler no Twitter (e eu leo moito no Twitter) é esa repetición constante e prosmática (seguro que esta verba non existe, pero tanto me ten) de chíos en plan “non te podes perder” ou “imprescindible lectura de” e epopeas lingüísticas polo estilo que pretenden ser informativas e […]

De verdade que toda a culpa é dos políticos?

17th Marzo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en De verdade que toda a culpa é dos políticos?

Hai un discurso que me desagrada profundamente e que ten que ver con esa actitude xeralizada de explicar todo o (malo) que pasa como culpa dos políticos. Como se eles non fosen parte da sociedade. Como se os tivese posto aí a man divina. Como se non lles deramos as maiorías para que interpreten a […]

Ler

14th Marzo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Ler

Ler e vivir. Ler e facer da propia vida un libro. Ler para vivir un cento de veces. Ler e ser papel, aventura, drama, festa, melancolía. Ler e entenderme. Léndome. Ler e ser inmortal porque eu morrerei e alguén que aínda non naceu, ao lerme, proclamará a miña resurrección. Ler para deixar de ser illa […]

A inmortalidade

13th Marzo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en A inmortalidade

O problema, ou un deles, de sermos un animal consciente é que sabemos que imos morrer e, polo tanto, a medida que imos cumprindo anos, a evidencia do final faise, precisamente por iso, máis e máis e máis evidente. Aínda que a min, a verdade, tampouco é un asunto que me quite o sono. Porque […]

Xustiza Universal

12th Marzo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Xustiza Universal

O mesmo día no que Rouco Varela, a través dos votos das mulleres e homes do PP, gañaba a votación sobre a reforma do aborto, o mesmo partido gobernante aplicaba o rodillo parlamentar para cargarse o principio de Xustiza Universal. Unha malísima nova que pasou desapercebida afogada polo rebumbio mediático da barbaridade gallardona. Ata o […]

Un dedo para esmagar

10th Marzo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Un dedo para esmagar

De entre as moitas e moi xeniais tiras de Mafalda, lembro hoxe unha moi en especial: aquela na que Mafalda fai unha figuriña de plastilina con forma humana (como se fose unha Deusa Demiurga Todopoderosa) e logo vai e a aplasta cun dedo cunha certa cara de sádica. Mafalda, despois de esmagala, falaba do doado […]

A educación é a única garantía de igualdade e democracia

6th Marzo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en A educación é a única garantía de igualdade e democracia

No século XVIII comezou a aniñar na conciencia cidadá a idea de que a educación debería de ser algo ao acceso de todo o mundo sen ningunha clase de limitacións. A idea é, dende a súa orixe, absolutamente política e abeirada á construcción dun sistema democrático libre afastado dos rexímenes totalitarios e, xa que logo, […]