Un escritor de vodas de prata

Posted by franciscocastro - 20/02/14 at 04:02 p.m.

Hoxe entrevistoume para o País dos Libros en Galego, BiosBardia (un espazo rigoroso que trata a literatura e cultura galega en profundidade), o xornalista César Lorenzo Gil. A idea era falar da miña traxectoria literaria dende que empecei….hai 25 anos!

E si, así é. Informoume que se cumpren 25 anos do meu primeiro libro.

O que quere dicir que son un señor moi maior, e que escribín xa moitísimo. Publiquei xa 20 obras. Algunhas delas están en castelán, en catalán, en italiano, en portugués do Brasil…

Estou tentando asimilar a nova.

E, sabedes que?

Que son un tipo feliz por ter chegado ata aquí.

Os comentarios están pechados.