Archive for Febreiro, 2014

Marca España

28th Febreiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Marca España

Intermón Oxfam presentou hai unhas semanas un informe tremendo sobre o estado español no que demostra con datos moi empíricos que só hai outro que supera a España en desigualdade: Letonia. E se por xustiza social entendemos igualdade, España é, sen ningunha clase de dúbidas, un lugar inxusto. A famosa ‘Marca España’ que o goberno quere […]

Berrogüetto

21st Febreiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Berrogüetto

http://youtu.be/F6pmnplXeDI Hai dous martes unha amiga xornalista chamábame dende a redacción do medio no que traballa para lerme o comunicado de Berrogüetto no que anunciaban a súa disolución logo de dezaoito anos de traballo musical. A nova, malísima para os que nos declaramos admiradores e fans absolutos, tirou de cen millóns de recordos e de […]

Un escritor de vodas de prata

20th Febreiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Un escritor de vodas de prata

Hoxe entrevistoume para o País dos Libros en Galego, BiosBardia (un espazo rigoroso que trata a literatura e cultura galega en profundidade), o xornalista César Lorenzo Gil. A idea era falar da miña traxectoria literaria dende que empecei….hai 25 anos! E si, así é. Informoume que se cumpren 25 anos do meu primeiro libro. O […]

A madalena

14th Febreiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en A madalena

A miña infancia recende a flocos de millo en bolsas xigantescas de sal gordo inacabables infinitas deliciosas festivas e felices. No Cine Roxy. En Teis. E ule a chicle de fresa Niña na boca de Cristinita, beso-verdad-condición. E á colonia forte e barata no seu pescozo, fresco como a vida que empezaba. A miña infancia recende […]

A ‘Infanta-que-non-pilla-nada’ é o grande argumento contra da monarquía

13th Febreiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en A ‘Infanta-que-non-pilla-nada’ é o grande argumento contra da monarquía

En síntese o que dixo foi: non sei nada, non me enterei de nada, non entendía nada, asino papeis só porque mos poñen diante, estou na directiva dunha sociedade por estar, ignoraba que o persoal da miña casa cobraba en negro… Máis ou menos e resumindo foi iso. E non sei se se pode dicir […]