Archive for Xaneiro, 2014

Lennon dixo unha vez…

30th Xaneiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Lennon dixo unha vez…

Lennon dixo unha vez: “houbo un par de profesores que me prestaron atención, que me animaron a debuxar e a pintar, a expresarme. Pero a meirande parte do tempo empeñábanse en que fose un puñeteiro dentista ou un médico”. A frase pronunciouse hai máis de trinta anos e, probablemente, sigue absolutamente en vigor. Non porque […]

Mundo disparate

28th Xaneiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Mundo disparate

Mundo disparate este, onde se lle presta máis atención aos choros dun futbolista que gaña un premio que ao pranto desconsolado das familias das mulleres asasinadas pola violencia machista. Universo incomprensible este, ilóxico e inxusto onde a xente se apaixona con concursos de suposta cociña, de suposta música, de suposta beleza. Un mundo simulado pois, […]

Internet é un berro

20th Xaneiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Internet é un berro

Terán que pasar moitos anos, pero moitísimos, ata que teñamos a perspectiva temporal suficiente como para sermos quen de ollar cara atrás e comprender a revolución, mellor dito, as revolucións, que internet ten suposto na nosa cultura, tanto a nivel comunicativo como, incluso, político. Grazas a internet comunicámonos máis e mellor. Grazas a internet, e […]

Liberdade de voto para os e as do PP? Hipócritas!

16th Xaneiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Liberdade de voto para os e as do PP? Hipócritas!

Algunhas deputadas (e algún Barón, con b) do PP piden liberdade de voto ao seu partido para cando teñan que premer o botonciño cando toque aprobar o da lei do aborto, esa nova normativa inspirada por Rouco Varela e outros homes mullericidas da contorna ideolóxica do partido gobernante. Xa sabedes. E seica a cousa é […]

Non é país para moz@s

15th Xaneiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Non é país para moz@s

O título non é moi orixinal, xa sei. Pero non se me ocurriu outro despois de ver os datos que a Unión Europea daba a coñecer o pasado mércores, e que nos permitían saber como está (de mal) o asunto  do paro entre a mocidade. Concretamente o que sinalan eses datos é que o estado […]

Hai moitas Muxías

14th Xaneiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Hai moitas Muxías

E o presidente da Xunta apareceu correndo en Muxía para anunciar o inicio do procedemento para a inmediata restauración do templo danado. Vale. Pero a pregunta agora é obvia: por que non se dá esa urxencia á hora de valer a outras realidades tamén danadas, tamén destruidas, tamén necesitadas do auxilio público? E non falo […]

O outro Francisco

13th Xaneiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en O outro Francisco

Lembro que cando foi escollido este Papa, a miña filla, daquela con catro anos, comentara diante da televisión: pero o papá Francisco non es ti? Rimos un cacho aquela noite na casa grazas á súa ocorrencia. Eu respondinlle, por suposto, que si, que o de verdade que era eu e que o que saia na […]

O que lle dá medo ao goberno de Madrid da consulta en Catalunya

9th Xaneiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en O que lle dá medo ao goberno de Madrid da consulta en Catalunya

É dabondo significativo que, sobre o asunto soberanista catalán, o que máis semella preocuparlle ao goberno, máis que o resultado do plebiscito é que este chegue a celebrarse. O ministro Gallardón repíteo en canto lle preguntan pola cousa. E insiste: o estado ten medios para impedir a consulta.  Non di, que podería, que o estado […]

Privatizar é roubar

8th Xaneiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Privatizar é roubar

Privatizar é roubar. Iso dicía o outro día un cartaz que alguén esgrimía nunha manifestación ou protesta ou concentración ou desorde ou algo que vin na tele. Pensei: verdade enorme. Pasarlle a mans privadas o que era de todos é unha forma de roubo. Non che é outra cousa máis ca iso. Pódese disfrazar como […]

Os que falamos galego navegamos distinto por Internet

7th Xaneiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Os que falamos galego navegamos distinto por Internet

O Instituto Nacional de Estatística publicou hai uns días os resultados dunha investigación que quería saber para que usamos Internet. Os resultados foron moi criticados porque, como sempre lles pasa, sae o que sae en función do que preguntan, e se non preguntan sobre algunhas cousas, pois claro, esas cousas non saen. E non preguntaron […]