Xenocidas

Posted by franciscocastro - 28/10/13 at 03:10 p.m.

Se non deixan, ou dificultan, o acceso á sanidade, ás medicacións e os tratamentos de quen o precisa e non pode pagar nada diso, son xenocidas.

Se non fan esforzos reais por acabar coas guerras eternas do terceiro mundo, perpetuándoas ademáis porque son un lucrativo negocio, son xenocidas, porque alimentan o conflito, e as mortes e o sufrimento de moita xente inocente que non naceu para (mal)vivir así.

Se siguen permitindo a destrución do planeta a pesar dos informes, dos estudos científicos, das advertencias ecoloxistas e do sentido común, só por manter o seu negocio baseado na explotación a toda costa do planeta, son xenocidas.

Se continúan desmantelando a rede de atención ás persoas dependentes para potenciar os seguros privados e facer negocio coa necesidade allea, son uns xenocidas.

Se siguen esnaquizando a cultura, son xenocidas, porque están promovendo a barbarie, a violencia e o nacemento dunha sociedade peor, menos democrática e máis invivible.

En definitiva: se continúan elaborando políticas centradas no beneficio, na salvación do sistema capitalista, na rendabilidade das grandes empresas, e non nas persoas e as súas necesidades, daquela, son uns xenocidas.

E por iso merecen a nosa repulsa, o noso desprezo e, sobre todo, o noso traballo sen descanso por mudar estas cousas para sempre.

Os comentarios están pechados.