Archive for Outubro, 2013

Xenocidas

28th Outubro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Xenocidas

Se non deixan, ou dificultan, o acceso á sanidade, ás medicacións e os tratamentos de quen o precisa e non pode pagar nada diso, son xenocidas. Se non fan esforzos reais por acabar coas guerras eternas do terceiro mundo, perpetuándoas ademáis porque son un lucrativo negocio, son xenocidas, porque alimentan o conflito, e as mortes […]

Verbas

17th Outubro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Verbas

É tempo para as verbas. Para dicilas, pronuncialas e saborealas. Palabras coma furacán fervenza vento que cambien o mundo de vez. Vocábulos diferentes a crise, recesión, economía, realidade, non se pode, non se pode. Verbas ditas en voz alta, en definitiva, para cambiar o mundo. É tempo para palabras que emocionen e iluminen, que expliquen […]

Ler para desaprender

16th Outubro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Ler para desaprender

O topicazo di que a lectura permítenos, entre outras cousas, aprender. E, dende logo, é unha desas verdades coma un puño de grande. Mais eu creo que a lectura tamén sirve, por fortuna, para desaprender o aprendido, para esquecer esas “verdades” que nos meteron a lume dende cativos e que, grazas precisamente aos libros que […]

Tantosporcentos para asasinar unha cultura

15th Outubro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Tantosporcentos para asasinar unha cultura

A min, xa o sabedes, non me gusta nada falar de economía. Como son un tipo entusiasta, ou irreflexivo, nunca atendo aos números na crenza absurda de que o corazón manda máis que o IBEX 35. Mais desta volta si que vou facelo. Quizais porque me estou volvendo vello, ou porque, a fin de contas, […]

Ninguén quere saber

14th Outubro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Ninguén quere saber

No século XVIII naceu na conciencia da cidadanía o desexo de saber. Ou o que é o mesmo: a reivindicación da maioría de idade da Humanidade, farta da tutela eclesiástica. Kant, de feito, cando tivo que explicarlle aos seus coetáneos o que era a Ilustración, dixo que o lema que podía resumila era Sapere aude, […]

Xa nos arrepentiremos

8th Outubro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Xa nos arrepentiremos

En Grecia naceu a democracia. Hoxe, un partido político nazi (o de “neo” non hai por que usalo: son os de sempre) medra en intención de voto a pesar de que no seu ideario vai gravado a lume o odio profundo cara moitas cousas, entre outras, da propia democracia da que se benefician para espallar […]

Laika era unha cadela, non a realidade

7th Outubro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Laika era unha cadela, non a realidade

Laika era unha cadela da miña infancia. De feito, cando eu era un cativo, habíache un monte de cadelas que se chamaban Laika, así, con K, para honrar á cadeliña que mandaran os soviéticos ao espazo. É curioso pero, naquel franquismo aínda imperante, dicíanse en alto os nomes das Laikas e dos Trostskis, que tamén […]