Que queimen máis monte

Posted by franciscocastro - 18/09/13 at 12:09 p.m.

Que queimen máis monte, tanto ten. A pesar de que recurtaron en medios antilumes e prevención, a pesar de que eles son os que ao se desentender como o fan case que xa lle prenden fogo ou lle dan o queroseno ao pirómano, a xente vai votarllles igual.

ue afundan varios prestiges máis fronte das nosas costas, que o fagan aínda que prometesen que ía haber portos refuxio e retirada dos buques monocasco para que non acontecese Nunca Máis. Van votarlles igual.

Que nos rouben as caixas, Pescanova e o país enteiro, insistindo na desgaleguización completa da nosa terra, a cada día que pasa, máis e máis colonia, que van votarlles igual.
Que se esnafren trens, avións e todo o que se mova e leve xente. Aínda que teñamos peores, ou nulas, medidas de seguridade e xa que logo, máis posibilidades de morte segura, hanlles seguir votando igual.
Que se neguen a abrir comisións de investigación sobre calquera cousa gravísima por se lles implica ou prexudica. Que máis dá que non se coñezan as verdades, eles han votarlles igual.
O problema somos nós, o conxunto dun país suicida.
E a oposición política, sinto dicilo, tan e tan errática tantas veces.

Os comentarios están pechados.