Recital no Parnalixo de Redondela

Posted by franciscocastro - 05/09/13 at 07:09 a.m.

O pasado mércores, uns cantos poetas ocupamos unha rúa de Redondela, megáfono en man e sen avisar, para recitar convidados pola boa xente do Artelixo.

Para este venres, ás 20 horas e na Rúa Meixón Frío, e como remate final desta marabilla de poesía, arte e moita creatividade-lixo, celebrarase o Parnalixo, é dicir, un recital a cargo dos e das poetas que fomos participando en distintos momentos poéticos pola vila adiante.

Estamos convidados a recitar (desta volta con amplificación clásica, non megáfono en man) Daniel Landesa, Carlos Rafael, Rosa Enríquez, Rochi Novoa, José Carlos Velázquez, Ramiro Vidal Alvarinho, Horacio Vilhar, Jaime Moreda, Xabier Xil Xardón, Elvira Riveiro e un servidor.

Ademais, estaremos arroupados por Laura Quintillán ao violín, nin máis nin menos (a primeira violinista, canto choveu xa, de Milladoiro).

Quen se ven a unha festa poética en Redondela?

Os comentarios están pechados.