Archive for Setembro, 2013

Unha ultradereita impune

30th Setembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Unha ultradereita impune

Na adolescencia marcoume profundamente a lectura de O señor das moscas, de William Golding, unha historia que cuestionaba unha idea na que a moitos nos gusta crer (aínda que a realidade nos obrigue tantas veces a dubidar): esa de que o ser humano é bo por natureza e que se rematamos facendo barbaridades e sendo […]

Igual son un animal

28th Setembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Igual son un animal

Eu non sei se son un animal porque moitas veces sinto en min cousas máis propias dos bechos que da xente que anda a dúas pernas. Por exemplo, sinto cousas desas, así, animais, cando un touro lle mete os cornos pola carne para dentro a un toureiro. Cando pasa iso non son quen de entristecerme. […]

Ana Botella non fixo o ridículo

21st Setembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Ana Botella non fixo o ridículo

Non vos trabuquedes, Ana Botella non fixo o ridículo en Bos Aires defendendo no seu inglés parralleiro a candidatura da cidade que a ten como alcaldesa, nin coa historia esa do relaxing non sei que. Non o fixo en absoluto porque os millóns de votantes do Partido Popular non teñen, polo xeral, o mesmo sentimento […]

Que queimen máis monte

18th Setembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Que queimen máis monte

Que queimen máis monte, tanto ten. A pesar de que recurtaron en medios antilumes e prevención, a pesar de que eles son os que ao se desentender como o fan case que xa lle prenden fogo ou lle dan o queroseno ao pirómano, a xente vai votarllles igual. ue afundan varios prestiges máis fronte das […]

Un fillo na Universidade

13th Setembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Un fillo na Universidade

Escribo estas liñas minutos despois de que o meu fillo máis grande subise no tren para marchar vivir a Compostela para empezar os seus estudos universitarios. O primeiro que penso é que o tempo é unha cousa cruel: estes primeiros dezaoito anos pasaron veloces de máis. E logo, véndoo sair pola porta, non podo evitar […]

O Artelixo e o Festival de Cans

12th Setembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en O Artelixo e o Festival de Cans

Tiven a sorte de participar como poeta no Artelixo de Redondela, unha iniciativa cultural moi orixinal que, entre outras cousas, toma as rúas, os mercados, os bares e ata os coches da xente que pasa, para enchelos de poesía. A miña contribución, ademáis dos recitados, consistiu nunha pésima obra escultórica (por dicilo dalgún xeito) feita […]

A tentación de ser Amish

11th Setembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en A tentación de ser Amish

Vexo nun documental sobre os amish que lle preguntan a un que por que os homes usan esas barbas tan longas. O home di que cando casan déixana medrar, antes non. O xornalista volve preguntar que pero por que sen bigote. O amish, despois de mirar para el dous segundos, como se non entendese a […]

Para que educar?

6th Setembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Para que educar?

Escoiteille dicir a un alto cargo da administración educativa do goberno español algo así como que “hai que adaptar o sistema educativo ás necesidades da produción”. Se non era así era parecido. A esencia era. O espírito era ese. E, en calquera caso, é unha expresión máis dese pensamento dominante que se reduce a manter […]

Recital no Parnalixo de Redondela

5th Setembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Recital no Parnalixo de Redondela

O pasado mércores, uns cantos poetas ocupamos unha rúa de Redondela, megáfono en man e sen avisar, para recitar convidados pola boa xente do Artelixo. Para este venres, ás 20 horas e na Rúa Meixón Frío, e como remate final desta marabilla de poesía, arte e moita creatividade-lixo, celebrarase o Parnalixo, é dicir, un recital […]

Non importamos a ninguén

4th Setembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Non importamos a ninguén

Adoitamos confundir o que vemos nos xornais coa realidade, do que se fala no twitter co que está pasando, o que comentan os xornais que lemos co importante, e o que se comparte no facebook co esencial. E non é para nada así. En realidade, non lle importamos a ninguén. A cousa é así de […]