Canto máis imos esperar?

Posted by franciscocastro - 23/07/13 at 11:07 a.m.

Canto máis imos esperar?, canta violencia cómpre soportar?, que máis ten que pasar para que digamos que xa é dabondo?, canta xente máis ten que sufrir?, que máis imos deixar que nos recorten?, a vida?, a dignidade?, os mínimos para vivir?, é o  umbral do noso aguante infinito?, poden facernos o que queiramos que non vai haber rebelión, enfado, protesta?, será que temos o que nos merecemos?, será que merecemos ser maltratados?, será que renunciamos a toda loita, a toda mellora, a toda posibilidade de liberdade?

Sinto que nunca coma hoxe os nosos folgos foron máis escasos.

Sinto que nunca coma hoxe demos a guerra por perdida.

Daquela, do que suceda, do que lle deixemos aos nosos fillos e fillas,seremos enteiramente responsables.

Os comentarios están pechados.