As falsidades non se xustifican

Posted by franciscocastro - 15/07/13 at 10:07 a.m.

Hai uns días, María Dolores de Cospedal dicía que a Bárcenas non había que facerlle caso nas súas falsidades. Que as falsidades non se xustifican.

Vale.

Pero aínda temos recente na lembranza cando Aznar xustificaba a falsidade aquela de que había armas de destrución masiva no Iraq. Era unha trola e sabíano. Pero xustificaron igual a mentira.

Daquela, en que quedamos?

Aquí.

Os comentarios están pechados.