Eloxio da política

Posted by franciscocastro - 06/07/13 at 10:07 a.m.

Escribín moitas veces a prol da política e dos políticos. E sobre a súa necesidade. Evidentemente, non son agora o mellor dos exemplos. Pero non me parece intelixente romper a baralla e tirar polo camiño do medio dicindo que o sistema, así en xeral, non vale.

Porque fóra do sistema democrático o único que hai é fascismo.

En Grecia, en Francia, os neonazis son os grandes beneficiados.

Eu hoxe quero facer un eloxio da política.

Aquí.

Os comentarios están pechados.