Archive for Xullo, 2013

Para que logo digan da mocidade

29th Xullo 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Para que logo digan da mocidade

Á xente moza sempre se lle pon a parir por mil motivos. Mais, na traxedia de Santiago, foron moitos e moitas os que non dubidaron un segundo en pasar a noite doando o seu sangue para quen o necesitase. Ou ofrecéndose para botar unha man no que fose preciso. Aquí.

Canto máis imos esperar?

23rd Xullo 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Canto máis imos esperar?

Canto máis imos esperar?, canta violencia cómpre soportar?, que máis ten que pasar para que digamos que xa é dabondo?, canta xente máis ten que sufrir?, que máis imos deixar que nos recorten?, a vida?, a dignidade?, os mínimos para vivir?, é o  umbral do noso aguante infinito?, poden facernos o que queiramos que non […]

A publicidade institucional

22nd Xullo 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en A publicidade institucional

Se resulta que os medios de comunicación reciben tropecentosmil millóns de euros ao ano, daquela, onde vai a súa liberdade? Non habería que prohibir a publicidade institucional, ou sexa, que os que gobernan metan pasta nos xornais, radios e teles, para así garantir a súa independencia? Aquí.

E se…?

20th Xullo 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en E se…?

De cando en vez apetéceme moito poñerme utópico. Aquí.

As falsidades non se xustifican

15th Xullo 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en As falsidades non se xustifican

Hai uns días, María Dolores de Cospedal dicía que a Bárcenas non había que facerlle caso nas súas falsidades. Que as falsidades non se xustifican. Vale. Pero aínda temos recente na lembranza cando Aznar xustificaba a falsidade aquela de que había armas de destrución masiva no Iraq. Era unha trola e sabíano. Pero xustificaron igual […]

BEAUTIFUL PEOPLE, NOXO DE XENTE

11th Xullo 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en BEAUTIFUL PEOPLE, NOXO DE XENTE

É curioso, pero neste intre no que andamos, moitas e moitos que se nos puxeron como exemplos a seguir, xente na que todos deberiamos mirarnos, ou xa pasaron polo trullo, ou están  a piques de entrar ou igual non entran porque a lei si que está preparada para meterlle caña ao heroinómano que rouba unha […]

Minten

10th Xullo 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Minten

Minten. Todo o tempo. Todo o rato. Sen parar. Tomándonos por imbéciles. Maxinando que somos parvos. Minten. Todo o tempo. Todo o rato. Sen parar. E rin. Rin moito. De nós. De ti. De min. Minten. Todo o tempo. Todo o rato. Sen parar. Convencidos da súa impunidade. Certos de que si, de que han […]

Mafalda e eu

8th Xullo 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Mafalda e eu

Descubrín a Mafalda moi pequerrechiño. E nada tería sido o mesmo sen ela. Aquí.

Eloxio da política

6th Xullo 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Eloxio da política

Escribín moitas veces a prol da política e dos políticos. E sobre a súa necesidade. Evidentemente, non son agora o mellor dos exemplos. Pero non me parece intelixente romper a baralla e tirar polo camiño do medio dicindo que o sistema, así en xeral, non vale. Porque fóra do sistema democrático o único que hai […]