Archive for Xuño, 2013

Vou dar unha hostia

26th Xuño 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Vou dar unha hostia

O wertedeiro político gobernante meteu de novo a relixión dentro do currículum educativo ao mesmo nivel que calquera ciencia. E como isto é un trunfo dos curas, e os curas reparten hostias, pois eu vou dar unhas cantas. Aquí.

España sen memoria

25th Xuño 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en España sen memoria

Hai uns días morreu Videla, un señorito ridículo con bigote ridículo. Seica finou despois de caer no baño e por unha fractura e unha hemorraxia interna froito do impacto contra do chan. E sen desexarlle o mal a ninguén, tampouco aos fillos de puta, cómpre recoñecer que aínda tivo sorte e que non sufriu nin […]

Necesitamos esperanza, é dicir Esperanza

24th Xuño 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Necesitamos esperanza, é dicir Esperanza

A sensación de pena é clara e indubidable. A tristura, colectiva. As caras longas e resignadas, moitas. Clima de derrota. Aceptación do fracaso…aire de vencidos. Derrotados todos polo Peso das Cousas. O que quero dicir é que unha das cousas máis terribles do que nos pasa agora é que non temos esperanza Mais temos que […]

Aquel Cine Roxy da miña infancia

19th Xuño 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Aquel Cine Roxy da miña infancia

(ESTA FOTO É DOS EMPREGADOS DO CINE ROXY, NA RÚA SANJURJO BADÍA DE VIGO, da Colección da Asociación Veciñal de Teis, XUSTO DIANTE DA ENTRADA DO CINE) Eu non lles son de facer exercicios, nunca, de nostalxia. Ese é un sentimento suicida, que nos impide vivir a vida. Que nos impide gañar un futuro. E […]

Rouco Varela, director de informativos de TVE

18th Xuño 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Rouco Varela, director de informativos de TVE

Eu quero que Mariano Rajoy nomee director de informativos de TVE a Rouco Varela dunha vez, e que deixen de disimular. Que lle dean un despacho alí dende o que poder dictarlle aos redactores xefes e aos editores dos telexornais, que deben dar como nova e que non. El xa ten relación directa con Deus, […]

Políticos medianos

5th Xuño 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Políticos medianos

Teño amigas na política polas que poño a man no lume, mulleres dunha valía intelectual demostrada, dunha honradez a proba de bombas e cunha capacidade de traballo que eu nunca terei. Así que as palabras que seguen non son para elas. Pero todas as demais si: porque vivimos gobernados por unha aplastante maioría de políticos […]

Aquel córner

4th Xuño 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Aquel córner

O meu artigo sobre a discriminación lingüística que sufrimos os galegofalantes…na propia Galicia!!! Aquí.