Canto político burro…
30th Maio 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Canto político burro…Canto político burro… Aquí.
Blog do escritor Francisco Castro
Canto político burro… Aquí.
Que ninguén esqueza que ao PP se lle concedeu a maioría absoluta. Que ninguén esqueza que, se hoxe houber eleccións, volverían gañar. Que ninguén esqueza que hai moita xente que non dá entendido que hai outras opcións políticas. Daquela, merecemos o que nos pasa. Aquí.
Os que nos gobernan están roubándonos o estado de benestar, o noso longo dereito pelexado durante séculos. Pero semella que o aceptamos como inevitable. Os que tiñan que gardar os nosos cartos roubáronlle os seus á xente e, en moitos aspectos, a todos. Pero semella que hai que aceptalo como inevitable. Cando resulta que non. […]
O pasado sábado entregábanse os premios dos escritores e escritoras de Galicia. Por vez primeira na historia, e a pesar de ter sido convidados formalmente, nin un só representante do goberno galego, nin un só, acodiu a gala. Deixáronnos sós. Igual é que non nos queren. Aquí.
Este goberno personicida déixanos sen sanidade. E castiga vilmente aos inmigrantes negándolles máis aínda. Quérenos mortos. Porque son coma boitres. Perdemos a civilización. Aquí.
No 1º de maio, eu acórdome de todos eses que vedes aí na foto. Aos que, sen dúbida, importa un pemento a situación da clase traballadora. Dirán o contrario, pero impórtalles un pemento. Mais a historia vai deixalos no seu lugar. No lugar máis fedorento da historia. Aquí.