Como naceu un can…e unha perla

Posted by franciscocastro - 01/03/13 at 03:03 p.m.


Hoxe deixo aquí un segundo video do día en que Fina Casalderrey e eu estivemos no Espazo Lectura de Gondomar falando de O neno can.
Concretamente, este fragmento fala de como se nos ocorriu a idea de meter o mesmo can nos cinco contos, a pesar de que cada unha das historias sucede nun lugar diferente do planeta. E Fina explica maxistralmente como se fai unha perla…unha lección fermosa de vida: dunha ferida, tamén pode nacer beleza.

Os comentarios están pechados.