Recitando a Rosalía o sábado

Posted by franciscocastro - 21/02/13 at 03:02 p.m.
O vindeiro sábado estarei recitando a Rosalía de Castro, a partir das 19 horas no Museo Marco de Vigo dentro da actividade organizada pola Aelg para homenaxear á nosa poeta fundacional no 150 aniversario de ‘Cantares Gallegos’.
Espero vervos a todas e a todos por alí, para gozar da palabra dunha poeta, canto máis tempo pasa, máis grandiosa.
O texto que escollín para recitar é de ‘Follas Novas’, non moi coñecido, pero que explica ben que entendía ela, precisamente, polo oficio poético.

Os comentarios están pechados.