Fina Casalderrey explica como traballamos na escrita de O NENO CAN (cando fomos Vasos Comunicantes)

Posted by franciscocastro - 06/02/13 at 02:02 p.m.


Velaquí vos deixo un dos videos (irei poñendo máis nos vindeiros días), que na canle de TV de Espazo Lectura, subiron con algúns dos momentos da visita que hai un tempo fixemos Fina Casalderrey e eu, un sábado bonito, para falar de O NENO CAN.
Velaí tendes a Fina explicando que o noso traballo foi como o dos vasos comunicantes. Ás veces era ela a que botaba auga. Outras veces era eu. E a auga dos dous foise nivelando. E falabamos de cada cambio, discutimos (con amor, sempre) cada coma. E a festa que fixemos cando se nos ocurriu o do can, que aparecería en todos os contos! Ou cando decidimos bautizalo con nomes de fenómenos metereolóxicos!!!

Aquí queda o video. Espero que vos guste.

Os comentarios están pechados.