SÓ SE PODE GOBERNAR MENTINDO

Posted by franciscocastro - 03/01/13 at 03:01 p.m.

Aturamos unha mentira tras doutra. E non pasa nada. Os gobernos comunícanse con nós a través da trola. A última, a que hoxe contan, como se non quixesen dicir a verdade, moitos medios de comunicación, esa de que son necesarios dous traballadores cotizando para poder pagar as pensións dun traballador xubilado (é o xeito sutil de irnos preparando para que colla forza esa idea de que os xubilados viven de clocló sen dar pancada mentres os obreiros curran para pagarlles as chiquitas no bar). É unha trola como unha casa, porque o certo é que o pensionista xa cotizou.

É MENTIRA.

É mentira o do copago, sexa un euro por receta ou o que se lles ocorra, porque o certo é que os que traballamos, os que temos a fortuna de traballar, levamos toda a vida pagando á Seguridade Social e, daquela, xa pagamos, e máis que dabondo, esas prestacións. Así que deberían chamarlle repago ou recontrapago ou, directamente, roubo.

É MENTIRA.

E podería seguir, pero estou tan canso, que non teño ganas. E falar, dende os hilillos de plastilina, ás armas de destrucción masiva que seguro que había en Iraq, á persecución do galego en Galicia….a miles delas que son pan de cada día e fame da alma cotiá.

George Orwell, no seu lúcido 1984, coma os nazis durante o seu disparate, coma o NO-DO que nos facían ver cando cativos, como tantas veces en tantas partes tanto tempo, tiña claro que só se pode gobernar mentindo.

Por iso gobernan.

Os comentarios están pechados.