Archive for Decembro, 2012

E UNHA BOA NOVA PARA REMATAR O ANO: EN 2013, A MIÑA NOVELA ‘SPAM’ SAIRÁ EN CASTELÁN

31st Decembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en E UNHA BOA NOVA PARA REMATAR O ANO: EN 2013, A MIÑA NOVELA ‘SPAM’ SAIRÁ EN CASTELÁN

Remato este 2012 que estivo tan cheo de cousas boas, e de todo tipo, cunha boa nova: antes de Xuño de 2013 sairá o meu Spam en castelán. A novela, que recibira o Premio Blanco Amor no 2005, veu a luz en italiano hai uns meses, e agora sae en castelán. Durante o ano que […]

Internet e a liberdade

30th Decembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Internet e a liberdade

      O meu derradeiro artigo do ano tiña que tratar, claro, sobre o uso que facemos, tantas veces decepcionante, da Internet. Téndelo aquí.

O único que se necesita para escribir

23rd Decembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en O único que se necesita para escribir

Como moitos e moitas de vós sabedes, levo unha morea de anos impartindo Obradoiros Literarios de todo tipo. A moitos deles asisten persoas de enorme talento que queren escribir e publicar. Se aprenden algo de min non o sei. Eu, deles e delas, todo o tempo. O outro día publiquei este texto que aquí vos […]

Coa que está caendo

20th Decembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Coa que está caendo

Coa que está caendo, ou sexa, a crise, os que nos dirixen aproveitan para quitarnos todos os dereitos. Ou o que é o mesmo: que hai a quen lle está indo máis que ben coa crise. A miña reflexión, aquí.

Por que?

14th Decembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Por que?

Hoxe teño moitas preguntas que facer. Alguén sabe as respostas? Deixeinas aquí.

Eses nen@s que non cumpren anos

13th Decembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Eses nen@s que non cumpren anos

Dediquei o meu artigo da semana en Sermos Galiza a unha importante campaña de UNICEF que considero importante que todos e todas coñezades e, na medida do posible, apoiedes. Está aquí.

Eses políticos que se pensan superiores a nós…

3rd Decembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Eses políticos que se pensan superiores a nós…

Unha persoa relevante do goberno central, cando se lle preguntou sobre esa nova sangría humana que é que os nosos mozos e  mozas teñan que ir buscarse a vida fóra, respondeu que si, que claro, pero que tamén o facían por impulso aventureiro. Confeso que cando oín esa parvada, por non dicir insulto, a min […]

Cambiar a vida

1st Decembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Cambiar a vida

  Así titulei a miña reflexión de hoxe en Sermos Galiza arredor da importancia que, coido excesiva, damos aos trebellos electrónicos nas nosas vidas. Podes lela aquí.