Archive for Novembro, 2012

Galicia é un país con problemas. Galicia é un problema de país

29th Novembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Galicia é un país con problemas. Galicia é un problema de país

Mañá comeza o Culturgal, a Feira das Industrias Culturais deste país. Unhas industrias que xeran produtos de alta calidade mais que, para a nosa dor, non reciben o apoio que deberan nin do propio país nin da administración. E non é, dende logo, porque o noso cine, literatura, teatro ou audiovisual non teña a calidade […]

Bancos todos malos

17th Novembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Bancos todos malos

Así titulei o meu artigo de hoxe no Sermos Galiza. Podes lelo aquí.

Recibindo hostias de rebote

15th Novembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Recibindo hostias de rebote

A explicación que dan as autoridades para explicar como é posible que un cativo de dez anos fose ferido coa contundencia que amosa a foto durante unha carga policial (está así por un porrazo policial) é que foi “de rebote”. A expresión non pode ser máis desafortunada e se o que buscan é que nos […]

Para XAM

13th Novembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Para XAM

Nuns días, o vindeiro sábado 24, o concello de Ribadavia faralle unha homenaxe a Xesús Alonso Montero a quen nomeará Fillo Adoptivo. Co gallo deste feliz acontecemento pedíronos a algúns daqueles que temos a fortuna de expresarnos decote nos xornais, que escribiramos unhas liñas sobre el que lles serán entregadas como colectánea o día da […]

Por que non estou tolo

12th Novembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Por que non estou tolo

Eu creo que a literatura salva da loucura. Cando menos a min. Explícoo aquí.

Francisco Castro nos faladoiros con gañadores do Blanco Amor

7th Novembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Francisco Castro nos faladoiros con gañadores do Blanco Amor

Francisco Castro, gañador coa novela Spam do Blanco Amor 2005 convocada polo concello de Neda, protagonizará un novo faladoiro con gañadores do Premio Blanco Amor organizado polo concello de Fene en colaboración co Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. O faladoiro terá lugar o vindeiro xoves, 8 de novembro, ás 19 h na […]

Literatura galega invisibilizada

5th Novembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Literatura galega invisibilizada

Este sábado pasado publiquei un artigo en Sermos Galiza sobre a nosa literatura, invisibilizada a mantenta para que non se nos vexa, non se saiba de nós e, daquela, para que se pense que non existimos. Pero a literatura galega existe. Abofé que si. Está aquí.

A falacia das conclusións da victoria do PP

2nd Novembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en A falacia das conclusións da victoria do PP

Así titulei a semana pasada o meu artigo en Sermos Galiza. Porque non é certo iso que están a dicir os dirixentes do PP de que a maioría absoluta quere dicir que o pobo aproba os recortes. Iso, ademais de mentira, é unha parvada. O artigo está aquí.

Eses manifestantes que provocan disturbios (La Calle Es Mía)

1st Novembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Eses manifestantes que provocan disturbios (La Calle Es Mía)

Hai uns días publiquei un artigo en Praza Pública sobre as declaracións de certa delegada do goberno culpando aos manifestantes turbios de enturbiar e de chamar a berros aos antidisturbios para que os antidisturbiasen. Velaquí podedes lelo.