NO DÍA DA BIBLIOTECA FALEMOS CLARO: O GOBERNO ESPAÑOL DESTINARÁ CERO EUROS A DOTACIÓN DE BIBLIOTECAS

Posted by franciscocastro - 24/10/12 at 10:10 a.m.

Hoxe é o Día da Biblioteca.

Pois falemos claro:

O goberno español (que si que financia, por exemplo, as corridas de touros, españolisiaculturayolé) destina, nos Orzamentos Xerais do Estado para 2013, CERO EUROS a dotación de fondos para as bibliotecas públicas (52 en toda España). Repito: nin un só euro. NADA. CERO.

Ningunha biblioteca pública poderá mercar NADA durante 2013.

Nos mellores tempos (non hai moito), o Estado destinaba 30 millóns de euros a mercar libros. Agora, recortando, deciden que os libros non son importantes.

Esta é a miña reflexión para o Día da Biblioteca.

Os comentarios están pechados.