Celebración do Día da Biblioteca

Posted by franciscocastro - 22/10/12 at 02:10 p.m.

Este mércores estarei ás 12 da mañá na Biblioteca Neira Vilas de Vigo para ter un encontro con tres grupos de cativos e cativas de sexto de primaria para celebrar, con eles, o Día da Biblioteca. Todos aqueles que teñades ganas de pasar por alí, seredes benvidos e poderemos parolar un cacho.

A idea é falar cos nenos e nenas sobre o que para min significa ser escritor e o que para min significan os libros.

Espero que lles guste e, aos que veñades, que vos guste tamén.

E que vivan as bibliotecas públicas. E que non as pechen. E que invistan nelas.

Son unha necesidade básica que non debemos perder.

Chuzame! A Facebook A Twitter

4 ResponsesCelebración do Día da Biblioteca to “”

  1. juan bonome says:
    Outubro 22nd, 2012 at 2:58 p.m.

    Estou totalmente de acordo contigo, é un dos bens máis preciados para unha cultura tan minoritaria como a galega! Hai que coidalas nosas bibliotecas, actos como o teu dan azos a todos para protexelas. Noraboa!

  2. juan bonome says:
    Outubro 22nd, 2012 at 2:59 p.m.

    Ah! esquenciaseme , gracias polo libro Xeografías!

  3. maeloc says:
    Outubro 22nd, 2012 at 3:28 p.m.

    Sen embargo os 41 escanos que acadou o PP de Núñez Feijoo foron, coa que está caendo e seguirá a caer, moitos, moitos, moitos do noso Señor, mesmo recoñecendo a división e a frouxeira clara e manifesta dos partidos opositores que concurriron ás eleccións. Ao señor Feijoo e aos seus veulle moi ben o «comportamento» do señor das «aceras» e da letra E. Un servidor tirarase moitas fins de semana ao monte a falar coas pombas torcaces e as carqueixas montesías, escachará -se lle deixa o resto da familia- o televisor e tratará de usar canto máis poda esa arma incruenta e certamente marabillosa que é o humor liberalizador.

  4. náufrago says:
    Outubro 22nd, 2012 at 9:51 p.m.

    Juan: grazas. Maeloc: habemos sair adiante. Sen romper a tele e sen falar cos bechos do monte… :)

Deixa unha resposta