Archive for Outubro, 2012

É unha trola iso de que un pobo máis informado é un pobo máis libre

25th Outubro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en É unha trola iso de que un pobo máis informado é un pobo máis libre

Así titulei o meu artigo desta semana no Sermos Galiza. Podes lelo aquí.

NO DÍA DA BIBLIOTECA FALEMOS CLARO: O GOBERNO ESPAÑOL DESTINARÁ CERO EUROS A DOTACIÓN DE BIBLIOTECAS

24th Outubro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en NO DÍA DA BIBLIOTECA FALEMOS CLARO: O GOBERNO ESPAÑOL DESTINARÁ CERO EUROS A DOTACIÓN DE BIBLIOTECAS

Hoxe é o Día da Biblioteca. Pois falemos claro: O goberno español (que si que financia, por exemplo, as corridas de touros, españolisiaculturayolé) destina, nos Orzamentos Xerais do Estado para 2013, CERO EUROS a dotación de fondos para as bibliotecas públicas (52 en toda España). Repito: nin un só euro. NADA. CERO. Ningunha biblioteca pública […]

Unha nova feliz para ‘Spam’

23rd Outubro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Unha nova feliz para ‘Spam’

  Pois nada, que este libro non deixa de darme ledicias e alegrías e festas. No seu día gañou o Premio Blanco Amor. E hai pouco saíu en italiano. E hai uns minutiños acaban de poñerme na man unha nova edición. Esa que vedes aí sobre a fiestra do meu despacho. Así que autor feliz […]

Celebración do Día da Biblioteca

22nd Outubro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Celebración do Día da Biblioteca

Este mércores estarei ás 12 da mañá na Biblioteca Neira Vilas de Vigo para ter un encontro con tres grupos de cativos e cativas de sexto de primaria para celebrar, con eles, o Día da Biblioteca. Todos aqueles que teñades ganas de pasar por alí, seredes benvidos e poderemos parolar un cacho. A idea é […]

A MIÑA REFLEXIÓN POST-ELECTORAL

21st Outubro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en A MIÑA REFLEXIÓN POST-ELECTORAL

Pois veredes: non era o resultado que eu quería. Pois claro que non. E estou convencido de que é unha desfeita. Claro que si. E cústame entender que a meirande parte da xente desexe máis recortes, e máis sanidade privada e máis ensino de pago, e que os dependentes perdan a axuda. E máis contratos-lixo, […]

Na xornada de reflexión…cita con Eros

16th Outubro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Na xornada de reflexión…cita con Eros

O vindeiro sábado estaremos de xornada de reflexión. Reflexionade ben. Eu, pola miña banda, convídovos a un recital que darei, a iso das 20 horas e dentro do II Festival Polipoético de Vigo. Será en DETRÁS DO MARCO, na Rúa Londres de Vigo. Recitarei uns cantos poemas de corte erótico, dun poemario inédito. A ver […]

Pero que carallo saberán os bispos?

13th Outubro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Pero que carallo saberán os bispos?

Así titulei o meu artigo en Sermos Galiza hoxe. Un artigo duro porque estou farto. Está aquí.

MARIO CONDE PEGÁNDOLLE LABAZADAS A NENOS (NAZISMO, FACHERÍA, FASCISMO)

12th Outubro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en MARIO CONDE PEGÁNDOLLE LABAZADAS A NENOS (NAZISMO, FACHERÍA, FASCISMO)

Informa hoxe Sermos Galiza, de que onte, nun acto electoral, o candidato Mario Conde agarrou polo pescozo a un rapaz de 14 anos e deulle unha labazada e un empurrón como resposta ás imprecacións deste último á saída do mitin. O neno tivo que escapar correndo para a súa casa. A súa nai ten medo […]

Traballando para a desigualdade universal

11th Outubro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Traballando para a desigualdade universal

Esta semana publiquei un artigo en Sermos Galiza dedicado a este goberno que fai todo o posible por cargarse os logros democráticos tan duramente conseguidos, e, sobre todo, que traballa con tanta enerxía para fundar unha nova sociedade onde a desigualdade, a desprotección e a precariedade sexan o normal. Está aquí.

Que lle dean

9th Outubro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Que lle dean

Porque teño claro que me importa e que non. Aquí.