O PP É UN PARTIDO ESCANDALOSAMENTE COHERENTE
Posted by franciscocastro - 03/09/12 at 02:09 p.m.Ás veces éncheseme o corazón de tenrura ao ver como moitas persoas de ben se escandalizan diante das medidas que este goberno aproba.
A ninguén debe sorprender que dediquen os recursos á salvar á banca. Son a dereita.
A ninguén debe sorprender que un ministro de educación vexa con bos ollos a segregación educativa por sexos. Son a dereita.
A ninguén debe sorprender que reformen a lei do aborto e criminalicen ás mulleres. Son a dereita.
A ninguén debe sorprender que abaraten o despido ata case fomentar a escravitude. Son a dereita.
A ninguén debe sorprender o práctico nulo apoio ao galego. Son a dereita.
A ninguén debe sorprender as prebendas á Igrexa Católica. Son a dereita.
A ninguén debe sorprender que aposten pola sanidade privada. Son a dereita.
A ninguén debe sorprender que fomenten o ensino privado. Son a dereita.
O sorprendente sería que fixesen o contrario.
O PP é un partido escandalosamente coherente.



Setembro 6th, 2012 at 9:19 p.m.
Eu non me sorprendo con eles, pero aínda teño o dereito a me escandalizar co din, e co fan, e sobre todo, co que pensan.
Un saúdo e parabéns polo blog.
Setembro 6th, 2012 at 9:53 p.m.
Grazas, Fumador.