Archive for Setembro, 2012

Segregar

23rd Setembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Segregar

Hai uns días publiquei en Praza Pública un artigo sobre esa nova idea do PP, que ao ministro de Educación (o que hai que Wert!) non lle fai moitos ascos, da segregación por sexos nas aulas, ou sexa, educación para nenos e para nenas en aulas e centros diferenciados. Podes lelo aquí.

CONVERSAS CON SIMBAD (O XOVES NA CORUÑA)

17th Setembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en CONVERSAS CON SIMBAD (O XOVES NA CORUÑA)

Este xoves, véspera do Día Mundial do Alzhéimer, estarei, dende as 18.30, na Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña (na Rúa Durán Loriga), para conversar con todas e con todos os que queirades por alí pasar, arredor do meu libro Chamádeme Simbad que, como sabedes, aborda esa cuestión. Será un pracer partillar o serán con […]

OU ISTO OU NON HABERÁ FUTURO

12th Setembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en OU ISTO OU NON HABERÁ FUTURO

Somos palabras. Cando  menos eu teño claro que son verbas e semántica e fonemas e metáforas e conceptos e todo iso que este becho simpático que é o ser humano inventou para poñerlle sons ás cousas e, daquela, nomealas. E eu son iso e organizo a miña vida con iso e non sei entender nada, […]

Samia soñou olímpicas bandeiras

8th Setembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Samia soñou olímpicas bandeiras

Así titulei un artigo que Sermos Galiza publica hoxe en memoria e homenaxe de Samia Yusuf Omar, atleta olímpica de Somalia, abandeirada durante a cerimonia inaugural nas Olimpiadas de Beijing e que hai uns días morreu, engulida polo mar, canto trataba de entrar ilegalmente nun caiouco en Italia coa idea de así poder ter unha […]

A ledicia dos asasinos

7th Setembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en A ledicia dos asasinos

Hoxe a prensa escrita abría, unánime (e ollo, contábano todas como unha boa nova), que os mercados amosaban euforia tralo anuncio de máis recortes por parte do goberno de Rajoy (que vai pasar á historia como o presidente do goberno que máis rápido vulnerou as promesas todas do seu programa). A prima de risco, pola súa […]

OS GOBERNANTES PÍDENNOS FE

6th Setembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en OS GOBERNANTES PÍDENNOS FE

Mariano Rajoy, aos cinco minutos (é un falar) de ser nomeado presidente do goberno, comezou a poñer en práctica todo o contario do que figuraba no seu programa electoral. Pediu fe, que os españois creran nel, que confiaran no goberno. De Guindos, onte mesmo, falaba de que el cría, que tiña fe, en que a reforma do […]

SALVADORES, SALVAPATRIAS, DEMAGOGOS, TÓXICOS…

4th Setembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en SALVADORES, SALVAPATRIAS, DEMAGOGOS, TÓXICOS…

Algún día haberá que investigar en serio por que centellas cada certo tempo hai que aturar aos salvadores, a saber, esa raza de falsos políticos -demagoxia en estado puro, pero da peor, da tóxica- que aparecen, polo xeral en contextos de crises de lexitimidade (como na que neste instante atura a democracia formal occidental) para, […]

O PP É UN PARTIDO ESCANDALOSAMENTE COHERENTE

3rd Setembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en O PP É UN PARTIDO ESCANDALOSAMENTE COHERENTE

Ás veces éncheseme o corazón de tenrura ao ver como moitas persoas de ben se escandalizan diante das medidas que este goberno aproba. A ninguén debe sorprender que dediquen os recursos á salvar á banca. Son a dereita. A ninguén debe sorprender que un ministro de educación vexa con bos ollos a segregación educativa por […]

Estes ingleses tan contraditorios

1st Setembro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Estes ingleses tan contraditorios

Escribín, sobre o caso Assange, un artigo hoxe en Sermos Galiza. Podes lelo aquí.