Así SOA o meu SPAM en italiano

Posted by franciscocastro - 23/08/12 at 09:08 a.m.

Hai unhas semanas saiu o meu Spam, en italiano. E hai un par de noites estivemos ceando con Lorenzo, o meu curmán de Italia. Daquela, puxen nas súas mans un exemplar, para que por fin el poida lerme, e aproveitei para gravalo lendo un fragmento da novela.

Para min, como autor, é un exercicio marabilloso, xa o comentei moitas veces, ver a miña obra noutras linguas. Como sempre lembro, escribo en galego, na lingua do meu país pero para facer unha literatura que se lea en todo o mundo. E cada tradución é unha festa.

Imaxino que nisto, todos os autores e autoras do mundo, independentemente da lingua na que escribamos, sentimos igual.

Mais eu non leo en italiano como debera.

Pero agora, cando menos, xa sei como soa.

Podes escoitar un fragmento, en italiano, aquí.

Os comentarios están pechados.