POR QUE NON PRESUMIR DE CULTURA GALEGA?
Posted by franciscocastro - 14/08/12 at 11:08 a.m.Temos moito, coma sempre, que aprender dos british. Os galegos e galegas, quero dicir. Os que nos gobernan, quero dicir. E dígoo polas cerimonias de inauguración e de peche dos Xogos Olímpicos. Puideron gustarche máis ou menos (a min, a de peche pareceume excelente), pero o que está ben claro é que os organizadores as utilizaron, fundamentalmente, para ofrecerlle ao mundo unha demostación do poderío da cultura británica. Na inaugural, permitindo que o espectáculo o protagonizaran os seus actores e actrices (se fose en Madrid imaxínome aos ministros ou a Esperanza largando discursiños y olé). E tamén aos músicos, como o grandísimo MacCartney emocionado e roto pola grandeza da ocasión que se presentaba. E no peche, con Lennon e o seu global Imagine, un agasallo fermosísimo para millóns de persoas que me levou a chorar emocionado e entregado diante da plasticidade musical e escénica que me servían no salón abrumado da casa. E quen di eses dous di George Michael, ou Brian May ou as mesmísimas Spice Girls, ou os mods ou ou ou … ou, en definitiva, a cultura británica, da que fachendear, sacar peito e amosar ao mundo con orgullo e fronte altiva.
Pois iso é o que quero para o meu país. Quero unha Xunta de Galicia que faga da nosa cultura (que é a que se fai na nosa lingua, non Yulio Iglesias), bandeira, e que celebre, apoia e potencie os músicos, a xente da literatura, as artes escénicas… Que lles deas protagonismo, que entenda que son un patrimonio importante, un símbolo, algo do que turrar porque é do mellor que se ten.
Iso é o que eu quero. Que os que nos gobernan nos entendan, e que saiban que estamos no mundo para crear EN GALEGO pero para chegar a TODAS PARTES. E que necesitamos que deixen de considerarnos, só, o inimigo, como tantas veces semella que nos sinten.
En definitiva, que o que quero, cando menos nas formas, é ser un pouco británico.



Agosto 17th, 2012 at 12:02 p.m.
Arrastraremos o complexo de inferioridad moitos séculos. E non é soio cousa das Institucions. Eiquí nos hoteis (dígocho por experiencia recente) poñen empanada de xamón yorke e unha costra rara que semella pastei en vez da empanada de pan, pan; pido un mencía e dinme que non teñen, que non se bebe viño; pero sí teñen un horripilante Ribera del Duero, que arreguiza a pel.
Sinto que a mín, xa cho comentéi creo, me castraron para falar o galego, pero teño a honra de ir de galego polo mundo. O noso viño é o millor, a nosa comida é a millor, o noso paixaxe é o millor, as xentes son sinceras, ata onde se pode ser.
Coincido contigo, a lembranza de Lennon cantando cos vivos foi moi emotiva.
Agosto 17th, 2012 at 4:37 p.m.
Mais no acto de clausura dos Xogos circularon demasiados camións, coches e motos todo o tempo ao redor, polucionando o ambiente. Semellaba a procesión de san Cristovo (da que fuxo a lume de carazo)que fan na vila onde vivo. Para min ise foi un fallazo enorme. Se facemos iso os galegos ou os españois, seguro que os ingleses se burlan de nós unha chea de veces, utilizando con retranca o seu sentido do humor.
Agosto 19th, 2012 at 9:57 p.m.
En calquera casao, semella que a todos nos impresionou dalgunha maneira.