Contributo para uma leitura da obra «Xeografías» de Francisco Castro: corpo da geografia ou geografia do corpo?
Posted by franciscocastro - 03/08/12 at 02:08 p.m.Helena Lourenço, dende a Universidade de Évora, escribiu un, para min, emocionante traballo académico arredor do meu libro de relatos eróticos (que podedes descargar de balde dende a ligazón á dereita, clicando sobre a cuberta do libro), Xeografías. Sempre dá gusto que se ocupen da obra que un humildemente fai no silenzo da súa casa.
E se é para que se digan cousas tan ben fundamentadas, mellor.
Así que, como vedes, sigo por aí de viaxe.
De Italia a Portugal.
De xeografía en xeografía.
Podes descargar o traballo de Helena Lourenço, en formato PDF aquí.


