Co meu ‘Spam’ en italiano

Posted by franciscocastro - 01/08/12 at 08:08 a.m.
O día empeza ben. Chego ao despacho e alí están os meus exemplares de ‘Spam’ en italiano, publicados por Edizioni dell’Urogallo. Esa é a cara de ledicia que se me quedou ao saber que o meu libro xa anda polas librerías da terra de Marco Polo.
Xa sei que me repito, pero escribo na miña lingua pero coa idea de que me lean en todo o mundo, por iso son tan importantes as traducións, en especial, as que conseguen as linguas minorizadas, que non minoritarias, coma a nosa. E xa que logo, contento de ir chegando a outras latitudes, como está a facer ‘Chamádeme Simbad’ ou esta novela á que quero tanto.
Chuzame! A Facebook A Twitter

7 ResponsesCo meu ‘Spam’ en italiano to “”

  1. pamnogueira says:
    Agosto 1st, 2012 at 8:47 a.m.

    Parabéns!
    E uma pergunta, (sem segundas áinda que poida parecer), o tradutor ao italiano é desde o galego ou desde a traduçom ao castelhano?

  2. náufrago says:
    Agosto 1st, 2012 at 8:52 a.m.

    Entendo a pregunta. É dende o galego. O libro non está en castelán, así que traballou, a tradutora, dende o orixinal galego. Ningunha editorial española amosou interese ningún por este meu libro. Outros, como ‘Chamádeme Simbad’, que xa está en castelán, catalán, etc., vai sair o ano que vén nun par de linguas tamén. Pero ata o de agora, cónstame que traballaron dende o galego. Non che sei se tivese a fortuna (é un falar) de que saíse en ruso, por dicir calquera cousa, se habería un tradutor ou tradutora que o puidese facer directamente dende o galego. Eu, dende logo, prefíroo. O outro día levei grande alegría porque unha xornalista italiana falou do meu Chamádeme Simbad nun libro seu. Explicou que o lera en castelán, pero na bibliografía aclara que o libro orixinalmente está escrito en galego. Para min, é importante.

  3. Carlos Callón says:
    Agosto 1st, 2012 at 11:18 a.m.

    Fantástica noticia! Parabéns!

  4. Maeloc says:
    Agosto 1st, 2012 at 2:26 p.m.

    A un servidor gustaríalle moitísimo que lle traduciran os seus libros,polo tanto, os meus parabéns, Francisco.

  5. náufrago says:
    Agosto 2nd, 2012 at 7:17 a.m.

    Grazas Carlos e Maeloc. De corazón.

  6. Zeltia says:
    Agosto 2nd, 2012 at 2:01 p.m.

    Noraboa, vésete radiante. A quen non lle gustaría que a súa obra chegase a moitos máis lectores do mundo?
    Será unha parvada velo como o vexo eu: que ao ser un libro traducido do galego, tamén é un éxito da propia lingua.

  7. náufrago says:
    Agosto 3rd, 2012 at 7:13 a.m.

    Radiante estou. Grazas Zeltia.

Deixa unha resposta