Archive for Agosto, 2012

O SÁBADO MORRE O MUNDO CIVILIZADO

31st Agosto 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en O SÁBADO MORRE O MUNDO CIVILIZADO

Polo meu barrio adiante puxeron uns carteis nos que se nos convida a asistir a unha conferencia para falarnos da fin do mundo que, segundo a secta que a organiza, vai ser o vindeiro 12 de decembro, ou sexa, o 12 do 12 do 12. Seica os maias e non sei que. O máis inquedante […]

Que volva a prensa, por favor

29th Agosto 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Que volva a prensa, por favor

Hai uns días publiquei un artigo, sobre os medios de comunicación, en Sermos Galiza. Podes lelo aquí.

Aquel home afouto e ergueito

27th Agosto 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Aquel home afouto e ergueito

Hai uns días publiquei, en Praza Pública, a miña lembranza de Avelino Pousa Antelo. Cando leades o artigo entenderedes o por que desta foto. Está aquí.

Así SOA o meu SPAM en italiano

23rd Agosto 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Así SOA o meu SPAM en italiano

Hai unhas semanas saiu o meu Spam, en italiano. E hai un par de noites estivemos ceando con Lorenzo, o meu curmán de Italia. Daquela, puxen nas súas mans un exemplar, para que por fin el poida lerme, e aproveitei para gravalo lendo un fragmento da novela. Para min, como autor, é un exercicio marabilloso, […]

Todos os recordos da miña nai

22nd Agosto 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Todos os recordos da miña nai

Mirade ben esta foto. Somos mamá e eu. Probablemente, no verán de 1968. O mundo anda revolto. Hai violencia, aires de mudanza, ganas de revolución…pero creo que a nós non nos preocupaba nada diso en absoluto. Reparade neses dous sorrisos. Confiados. Cómplices. Reparade na miña man, posta sobre ela como dicíndolle, para, mamá, para, que […]

Que marabilla

21st Agosto 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Que marabilla

Publiquei o sábado pasado un artigo en Sermos Galiza sobre o que significa, para min, a marabilla de ser escritor. Podes lelo aquí.

Que lles dean polos heráclitos

20th Agosto 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Que lles dean polos heráclitos

Así, desta gráfica maneira, titulei hai uns días o meu artigo en Praza Pública e que podes ler aquí.

POR QUE NON PRESUMIR DE CULTURA GALEGA?

14th Agosto 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en POR QUE NON PRESUMIR DE CULTURA GALEGA?

Temos moito, coma sempre, que aprender dos british. Os galegos e galegas, quero dicir. Os que nos gobernan, quero dicir. E dígoo polas cerimonias de inauguración e de peche dos Xogos Olímpicos. Puideron gustarche máis ou menos (a min, a de peche pareceume excelente), pero o que está ben claro é que os organizadores as […]

Hoxe defendo aos políticos

13th Agosto 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Hoxe defendo aos políticos

Así titulei o meu artigo desta semana en Sermos Galiza. Podes lelo aquí.

NON TEÑO FUTURO

10th Agosto 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en NON TEÑO FUTURO

Leo na Muy Interesante, que as cacatúas son tan listas coma os cativos de tres anos. E que os grandes simios conseguen desenvolver algunhas clases de pensamento lóxico moito antes que o animal humano. Para algúns, este tipo de cousas serán deprimentes porque dalgún xeito é como se cuestionasen a superioridade innata do home (esa […]