A lendaria xornalista italiana Concita de Gregorio fala de «Chamádeme Simbad»… en italiano!

Posted by franciscocastro - 05/07/12 at 02:07 p.m.

Estou coma unhas tarrañolas…

Unha amiga tróuxome de Italia (onde vén de saír a tradución do meu Spam; decididamente vou ter que emigrar para alí…) o novo libro desa lenda viva do xornalismo que é Concita de Gregorio, primeira e única muller en dirixir un xornal de grande tirada (L’Unità; onde demitiu despois de levalo ao máis alto, farta das presións do Partido Demócrata), e, na actualidade, sinatura habitual do prestixioso La Repubblica. Ela foi a que hai uns anos, na mellor época -para el- de Berlusconi, argallou unha manifestación de mulleres contra a súa política que deixou pampo a medio mundo polo éxito de convocatoria. Xornalista de raza e escritora, a súa produción literaria e ensaística céntrase sempre nas causas sociais, a defensa dos desfavorecidos e a loita por un mundo mellor.

Agora vén de publicar Cosí è la Vita, unha longa reflexión sobre a dor, a infancia, a morte.

Para a miña sorpresa, no Apéndice, ofrécenos unha Rassegna incompleta di libri memorabili, no que dá conta dos, segundo ela, libros dos que falou nas súas páxinas ou que a inspiraron durante a súa escrita. E de súpeto, velaí está, Mi chiamava Simbad, tradución súa do título galego (alí o libro aínda non foi publicado), como se conta no PDF que vos deixou ao final destas liñas, Chamádeme Simbad, do que sinala que è credo il primo libro per bambini que parla dellÀlzheimer. È unha storia magnifica, scritta in lingua gallega da Francisco Castro… e outras cousas bonitas que podedes ler, aquí.

Así que si, que estou como unhas tarrañolas. Sorprendido, máis unha vez, da viaxe arredor do mundo que este meu Simbad anda a facer, ceibo e feliz, como bo navegante feliz que é 

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 ResponsesA lendaria xornalista italiana Concita de Gregorio fala de «Chamádeme Simbad»… en italiano! to “”

  1. BRADOMIN says:
    Xullo 9th, 2012 at 1:44 p.m.

    Enhorabuena, y que siga la expansión mundial de la novela

  2. náufrago says:
    Xullo 9th, 2012 at 2:01 p.m.

    Carai: como soa iso de «expansión mundial» :)

Deixa unha resposta