O FÚTBOL E A NAI E O PAI QUE OS BOTOU
Posted by franciscocastro - 24/06/12 at 10:06 a.m.Perdón, que conste, perdón, que eu son un fulano que fala moi ben e que non solta pecados así como así, á miña obra escrita remítome, pero hoxe éntranme ganas de facer iso que vén sendo o final da dixestión no fútbol. Non por tal resultado ou taloutro, que tanto me ten. Non vai coa miña vida, non vai mellorala, non vai facer que as miñas angurias desaparezan, como moito servirá para que durante un cacho dun anaco dun pouco pense que a miña vida vai mellor e que ten menos angurias porque uns señores gañaron un partido. Así que paso. Non é por iso. É por saber que se gañan os de La Roja van levar 300.000 euros, coa que está a caer. Outros tantos lle deron por gañar o Mundial e seica tributaron en Sudáfrica. Toma patriotismo, himno nacional e elefantes tiroteados. Pero non é por iso, non. É por saber que Facenda toma a decisión de non ir contra dos clubes de fútbol, que lle adebedan á facenda pública, é dicir, a ti, a min, a todos, 752 millóns de euros. Mais nin sequera me entran ganas de finalizar a parte sólida da dixestión no fútbol por iso, senón porque Facenda toma a decisión de non reclamar «para que non desaparezan moitos». Por iso digo o que digo e faría o que faría en troques de no váter, no fútbol. Porque a cultura pode caer, que non pasa nada, se tes unha pequena empresa e non podes facer fronte aos pagos, caes, se queres montar un negocio e che vai mal, caes, pero se es o pan, o circo, o entretemento, a droga de tantos que organizan os seus estados de ánimo en función de se a meten ou non (a pelota), daquela, sostenche ese mesmo estado que te machaca.
Sinto, pero hoxe, se puidera, facíalle algo enriba da cabeza ao fútbol todo.



Xuño 24th, 2012 at 4:30 p.m.
A xogada do fútbol é noxenta e diabólica (e que me perdoe o Demo que disto non ten culpa). Os Estados, este e os anteriores, non lles cobran impostos ás empresas futboleras (xa non se poden chamar equipos deportivos), porque lles fan un «gran traballo» cal é anestesiar as masas, as cales, por outra banda, teñen que se inventar algunha «escapatoria» ou paraíso artificial, que os arrede de tanta inxustiza, de tanta desproporción e de tanta burla. Un servidor, antigo ciclista deportivo, aproveita a celebración dos chamados «partidos históricos» para circular con máis liberdade e menos peligro polas estradas,que, cando as televisións tocan a arrebato futbolero,teñen moitos menos coches e moitos menos automobilistas, unha boa (en realidade mala)parte deles hostís aos ciclistas e ás bicicletas.
Xuño 24th, 2012 at 6:20 p.m.
Tal cual o que lle fixeron á toupiña… eu faría o mesmo! noxo de fútbol!
Xuño 24th, 2012 at 8:20 p.m.
O futbol é completamente necesario para que poidamos pasear tranquilamente e sen ruidos por las calles.(Hasta que soltan os cafres)
Xuño 24th, 2012 at 8:58 p.m.
Pois non lle vira eu esa aplicación: en efecto, onte, á hora do partido, estaba eu nunha festa popular… e eramos catro gatos para comer toneladas de churrasco!
Xuño 24th, 2012 at 9:53 p.m.
Se non houbese futbol a xente non se olvidaria da crise, se son se olvidase seguiriase a falar da banca, se se falase da banca acabaria por falarse dos politicos que a dirixen sen ter idea de economia, se se falase dos politicos acabariamos por decatarnos qeu sobran tres de cada catro, se iso ocorrera terian que desaparecer uns cantos, como non o farian volveriase a falar da crise e a cousas acabarian realmente mal para eles e medio ben para nos.
Habendo futbol, calquera pode soñar con ser un astro da bola, o pais pode ser o mellor de algo, fachendear, aledarse e sentirse os mellores, Rajoy soltar as palabras maxicas «España rescatada…. pero maña a seleccion ven a amosar a eurocopa a moncloa» Somos campions de europa… Os politicos seguen a chupar do saco e fan iso que querias facer c futbol por riba de nos. A seleccion pasea a copa. A xente fai fotos e todo o mundo mercando a nova camisola sen recordar a primeria parte do discurso de Rajoy,
Como habian de ir por eles con ese panorama?
Xuño 24th, 2012 at 11:34 p.m.
Máis claro, imposible.