XA SAIU O MEU ‘SPAM’ EN ITALIANO
Posted by franciscocastro - 13/06/12 at 02:06 p.m.
Hoxe, o mesmo día no que a gripe veu visitarme, co corpo agarrotado, tremendo de frío e febril, recibo a gratísima nova de que o meu libro Spam, que recibira o Premio Blanco Amor no ano 2005 acaba de ser publicado en italiano baixo da man de Edizioni dell’Urogallo.
Xa sabedes o importante que é que as creacións de noso traspasen fronteiras. Xa sabedes o que sempre digo: que eu escribo en galego, na lingua do meu país, pero para que me lean en todas as partes do mundo. Hoxe, en Italia. Mañá espero que en moitos sitios máis.
Hoxe só podo dicir que estou feliz, feliz, feliz, feliz, feliz, feliz…



Xuño 13th, 2012 at 5:24 p.m.
Son moi boas novas! Noraboa!
)
Xuño 13th, 2012 at 5:50 p.m.
Me alegro mucho y comparto tu felicidad, pese a que la gripe no te deje dar un brinco, es una muy buena noticia.Noraboa
Xuño 13th, 2012 at 7:59 p.m.
Grazas, pero aquí estou, dentro da camiña, sen ser capaz de facer nada…
Xuño 13th, 2012 at 11:50 p.m.
Lin varios libros teus pero este non. Vouno facer no verán. Que ben! por ti e pola nosa literatura. Parabéns! e a recuperarse axiña.
Xuño 14th, 2012 at 9:22 a.m.
Grazas Marina. Oxalá que che guste.
Xuño 15th, 2012 at 12:55 p.m.
Enhorabuena… Disfruta de este momento de felicidad (a pesar de la gripe) y seguro vendrán muchos más
Xuño 15th, 2012 at 2:06 p.m.