Rescatar España en plena Eurocopa: se é que non son parvos!

Posted by franciscocastro - 08/06/12 at 02:06 p.m.

 

Xa sei que parece un tópico. Xa sei que parece que un non anda cos tempos, pero, que lle queren, eu, cando cativo, escoitaba dicir iso de que cando o goberno quería metérnola dobrada e por detrás (a reforma que tocase, non pensen mal… ou si) aproveitaban que o Madrid estaba en semifinais da Copa de Europa, que era como se chamaba antes a Champions, ou cando houbese partido da selección española (agora, La Roja). E escoitaba dicir que ese comportamento era algo aprendido dos emperadores romanos, que cando querían meterlla dobrada e por detrás (a reforma que tocase, non pensen mal… ou si), facíano durante a celebración dos fastos do Circo, e como o vulgo estaba pendente de ver como se facían rebandas uns gladiadores a outros, ou como o touro empitonaba a un tipo atado nun pau, pois daquela asentían e non se preocupaban de máis nada, que estaban pasándoo ben e cando estamos pasándoo ben non hai que interrumpir a diversión con impostos, reformas ou, mesmamente, intervencións europeas.

Hoxe, o twitter anda como posuído e todo o mundo anda a repetir o mesmo: a semana que vén van intervir España. En plena Eurocopa. Se parvos non son. A intervención será, sen dúbidas, o máis gordo que nunca nos pasou como estado. É gravísimo. Un desastre (aínda que o pepeiro aquel dixera que non era a apocalipse…de certo que para el non será). Un desastre global.

Pero aquí a xente estará ao que realmente importa: a comprobar se Iniesta fai o que ten que facer.

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 ResponsesRescatar España en plena Eurocopa: se é que non son parvos! to “”

  1. César says:
    Xuño 8th, 2012 at 5:40 p.m.

    Como dirían os romanos, hostias e circenses.

  2. náufrago says:
    Xuño 9th, 2012 at 10:57 a.m.

    :)

Deixa unha resposta