Entelequias diabólicas

Posted by franciscocastro - 07/06/12 at 02:06 p.m.

Que clase de sistema é este que é quen de atopar, de súpeto, tropecentosmilmillóns de euros para rescatar un banco, esa entelequia diabólica, pero que non os ten para rescatar a xente?, que clase de sistema é este que é capaz de organizarse a nivel político para matinar un plan para rescatar a banca española, esa entelequia diabólica, pero non aos millóns de excluídos que pululan a súa xeografía e que tanto o precisan?, que clase de sistema é este que depende dos mercados, esa entelequia diabólica, e non das persoas?, que clase de sistema é este no que os partidos políticos, esas entelequias diabólicas, pospoñen as necesidades das persoas aos réditos electorais?, que clase de sistema é este no que os beneficios, esas entelequias diabólicas, son prioritarios fronte da caridade?, que clase de sistema é este no que a Eurocopa, esa entelequia diabólica, paraliza conciencias, anula malestares e alegra vidas?, que clase de sistema é este, no que a bolsa, esa entelequia diabólica, marca o ritmo do mundo?

Que clase de sistema é este?

Quen o sabe?

Quen se atreve a poñerlle un nome?

Os comentarios están pechados.